Mapeado e programación
Realizamos o mapeado completo das unidades de control de motor para competición partindo de cero. Isto inclúe a parametrización de sensores e a programación de todas as estratexias que precise o motor (inxección, acendido, control de turbo, ALS, caixa de cambios, etc.).
Abarcamos todo tipo de motores: gasolina, diésel, atmosféricos, turbo-alimentados…
Programamos todos os sistemas auxiliares do vehículo, como por exemplo: displays de información, unidades de xestión de corrente (Powerbox), sistemas de adquisición de datos, controis de caixa de cambios…
Planificación e deseño
Dentro das innumerábeis opcións que existen hoxe en día, buscamos a mellor opción para o teu proxecto; tanto se só buscas unha solución para o teu motor, como se estás buscando o equipamento electrónico de todo o vehículo. Mesmo se xorde algunha necesidade que non cobre o mercado, deseñamos equipamento específico para solucionala.
VenDa de equipamento
Subministramos todo tipo de material electrónico para o vehículo de competición: unidades de control de motor e de caixa de cambios, displays de información, unidades de xestión de corrente (Powerbox), sistemas de adquisición de datos, interfaces, módulos de comunicación…
Dámos soporte técnico a todo o material que nós vendemos.
Somos distribuidores de Life Racing e DTAFast, pero tamén dispomos dunha ampla oferta noutras marcas. Consúltanos e sorprenderaste.
Tamén podemos subministrar todo tipo de material eléctrico e electrónico, incluídos cables (automoción ou Mil-spec), conectores (orixinais de automoción, Autosport e industriais), relés (estándar e altas correntes), fusibles (normais e automáticos) e todo tipo de sensores (presión, temperatura, lambda, posición e forza).
instalacións eléctricas
Realizamos instalacións eléctricas tanto de motor como completas de vehículo. Todas as instalacións realízanse conforme aos estándares de Autosport, é dicir, utilizando cable Spec55, fundas termorretráctis DR25 e realización en trenzado concéntrico.
Seguimento en carreira
Ofrecemos un servizo de seguimento do vehículo en carreira para axudar na súa posta a punto e na solución de posibles problemas.